19 may 2024

A SEMENTEIRA DO CRA A LAGOA 23-24

O pasado xoves 9 de maio, organizamos unha nova Xornada de Convivencia para todo o alumnado do CRA A Lagoa. Foi na área Recreativa do Muíño da Ponte, no Río Mendo en Corzáns, onde se celebra a coñecida Festa da Sementeira.

Visitamos o muíño onde nos explicaron o seu funcionamento, nos agasallaron con millo, e sementámolo para levar ás nosas casas. 

Fixemos xogos como lanzamento de sacho, enceste de carozos, carreiras de sacos...e rematamos, como non podía ser doutro xeito, cantando e bailando! 

Foi unha xornada moi completa e divertida!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.