27 ene 2010

AULA DE MEDER

Hola, somos os nenos e nenas da aula de Meder e queremos presentarvos a nosa clase.



A aula por dentro esta dividida en recantos, para xogar (o supermercado, a perruquería, a casiña, as construccións....)









Para traballar (o ordenador as mesas, a pizarra.....), e outros recantos son para sentarse a merendar, escoitar ou ler contos (o recanto da asamblea e a biblioteca).




Encántanos celebrar as festas, aquí estamos no samaín facendo conxuros para espantar as meigas.













Nunha das paredes temos un mural xigante que decoramos dependendo da época do ano en que nos atopemos.

Por exemplo no outono enchimos todo de follas e cestas con froitos típicos,











E cando foi nadal nos fixemos fotos diante das figuriñas e casas que elaboramos para o belén.



E isto é todo polo momento, pronto celebraremos o entroido, xa estamos preparando os disfraces, de que iremos ..... é sorpresa, xa vos enteraredes.

Unha aperta.


24 ene 2010

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E ESCOITAMOS CONTOS DE KALANDRAKA

O venres día 22 de Xaneiro, coincidindo cunha actividade de contacontos a cargo da etitorial Kalandraka, os nenos e nenas do CRA fomos a casa da cultura de Salvaterra a celebrar o día da Paz.

O día empezou as 9:30 cantando nun gran corro, a canción da paz que tiñamos ensaiado en clase cos mestres. Era esta:


"El patio de mi cole es particular
si no nos peleamos
disfrutamos más.

Abrazame, y vuélveme a abrazar
deja de pelearte y piensa en los demás.





Juega tú, Juego yo

Así jugaremos todos,
si todos nos queremos
conseguiremos la PAZ.

Dame un beso
te lo pido
ven si quieres
se mi amigo.

A estirar, a estirar
y conseguiremos la PAZ."



Despois fixemos un obradoiro por aulas no que cada un de nos, tiñamos que decorar as letras dunha palabra relacionada coa paz.

PESQUEIRAS: PAZ.
BESADA 3: BICOS.
BESADA 4/5: IGUALDADE.
ARANTEI: AGARIMO.
CORZÁNS: AMOR.
FORNELOS: COMPARTIR.
PESQUEIRAS: APERTAS.
MEDER:RESPECTO.
OLEIROS: AMIZADE.





Hacia as 12 da mañ
á chegou o contacontos, asi que divididos en dous grupos subimos a biblioteca da casa da cultura namentres o outro grupo merendaba un rico bocata de pan con chocholate e quesitos.





























Finalmente estaban i
nvitados os pais para mirar o video "As normas da nosa escola" e as tomas falsas de como o fixemos. Foron meses de moito traballo, ensaios e probas, pero pagou a pena, o resultado foi excelente.

20 ene 2010

A AULA DE CABREIRA

Hola a todos, somos os nenos e nenas da aula de Cabreira, en total somos 12, 7 nenos e 4 nenas, e a nosa titora Pepita. Aquí estamos con ela o día que celebramos a festa de Samaín.



Estamos situados preto de Salceda de Caselas, mais ou menos no medio entre este pobo e Arantei.




A nosa aula é moi bonita, hai debuxos e carteis pegados po
r tódalas paredes e o sol entra polas ventás dende primeira hora da mañá.









Neste recanto están os puzzles, os nosos traballos e os libros. Tamén está a porta do baño e a da entrada a aula, que están pintadas con debuxos das nosas persoaxes de contos favoritas.









Este é o recanto onde, cada maná, dámonos os bos días, pasamos lista, poñemos a data, e miramos o tempo que fai. Despois o que quere, pode contar algo que lle pasou e compartilo con todos.








Neste outro recanto temos a pizarra e a colchoneta, onde gardamos os coxíns para sentarnos no chan a escoitar o que nos teñen que explicar os mestres e as mestras.







Tamén gústanos xogar no patio, temos un xardín con árbores para correr ou xogar cos nosos xoguetes.















Cando é o día de cumpreanos dalgún compañeiro ou compañeira facemos unha festa, con tarta, e chuches para todos.













Seguimos aprendendo, rindo e xogando e de todo elo darémosvos conta noutras publicacións. Unha aperta.



17 ene 2010

A AULA DE OLEIOS

Hola, somos os nenos e nenas da aula de Oleiros, ¿queredes saber o que facemos en clase coa nosa profe Pili?. Pois ahi van algúns exemplos.

Estamos moi preto do pobo de Salvaterra



O cole é unha casa moi grande e está rodeada por un gran xardín cheo de árbores e con columpios.














A entrada ao xardín é un paseo de árbores que cando chove moito énchese de auga e temos que pasar con moito coidado.














Traballamos coa pizarra dixital e celebramos os cumpreanos.



Celebramos o nadal e decoramos a árbore entre todos.



Antes de saír ao patio a xogar, lavámonos as mans e tomamos a merenda sentados nos nosos sitios.















Aqui estamos coa nosa titora, chamase Pili, xa teredes mais noticias nosas, de tódolos traballos que vamos facendo.
Ata pronto.





13 ene 2010

GAÑAMOS O TERCEIRO PREMIO

Xa estamos de volta despois das longas vacacións de nadal, no regreso tivemos unha grata noticia, gañamos o terceiro premio no concurso de Belenes do concello. Grazas de novo a todos os que participastes neste proxecto.