31 oct 2024

COIDADO, COIDADO, XA ESTÁN AQUI....O SAMAÍN! (2ª parte)

 Pois seguimos a tope co Samaín. Nalgunhas aulas decidiron poñerse a cociñar e facer galletas monstruosas! Prepararón as receitas, foron mercar os ingredientes e por suposto meteron as mans na masa.

O resultado foi fantástico. Xulgade vós mesm@s!





CONTINUARÁ...

30 oct 2024

COIDADO, COIDADO, XA ESTÁN AQUI....O SAMAÍN! (1ª parte)

Como cada ano, o Samaín e o Halloween chaman á nosa porta. É unha época para traballar as nosas tradicións e as que veñen de fóra. Tamén para tratar o tema dos medos e por que non disfrazarnos e aprender novas palabras. Nas aulas xa comezamos. Ahí vai unha mostriña:




CONTINUARÁ...

29 oct 2024

O OUTONO CONTINÚA...

As aulas están a tope co Outono. A máxica estación cubriu as clases de laranxa, marrón, amarelo...


Uns froitos de outono e un bo lume son a mellor compañía para disfrutar das mates e do coñecemento de natureza que nos rodea.


E que tal si facemos unhas madalenas? Pois haberá que poñerse. Despois de tanto traballiño entrou a fame.

CONTINUARÁ...

30 sept 2024

Se chove, que chova! Nós vedimamos igual!

A pasada semana tiñamos unha saída prevista a unha finca do avó Luis para vendimar. A climatoloxía non nos acompañou e tivemos que suspendela. Puxémonos bastante tristes. Pero os sentimentos mudaron cando o avó Luis e o papá Julián trouxeron a vendima á nosa aula. Foi unha xornada estupenda. Trouxeron todo moi ben preparado e comprendimos moi ben o proceso da uva ao viño. As fotos o din todo!
Estabamos tan agradecidos que antes da súa chegada preparamoslles unha tarxeta de agradecementos cos nosos nomes.
Con moito coidado e seguindo as indicacións dos expertos, todas e todos cortamos un acio de uvas.
Ata a profe quixo probar!
Tamén nos falaron de como se facía a vendima antes.
E ata nos trouxeron unha máquina para ver como se fai agora o de espremer as uvas.
Quedamos abraiados co resultado!
E eles marcharon emocionados co noso agasallo!

28 sept 2024

Musicando o outono: Vivaldi

O outono comeza con ledicia aquí no CRA A Lagoa. Os nenos e nenas expresáronse libremente coas témperas sólidas ao ritmo das Estacións de Vivaldi. Educar o ouvido e experimentar cos materiais plásticos é importante para o desenvolvemento integral dos pequechos e pequechas e aquí no CRA A Lagoa sabémolo e practicámolo.

12 sept 2024

PREPARAD@S, LIST@...XA!

 Ola familias!

Agardamos que tivésedes un bo verán. Todas as mestras e mestres do CRA estamos poñendo todo o noso entusiasmo e bo facer para preparar un curso inolvidable. Queremos que os vosos pequechos e pequechas veñan ao cole moitas ganas. Esto é o máis importante para que aprendan, se relacionen, gozen e se desenvolvan cada un e unha ao seu ritmo. Grazas por confiar en nós para unha tarefa tan importante: educar aos vosos fillos e fillas.


Deixamos un pequeno vídeo dunha das nosas aulas, a de Fornelos.


Continuará...

3 jul 2024

FESTA FIN DE CURSO 2023-2024 LIRA

 E chegou o momento de despedirnos deste curso

Vémonos en setembro

A gozar das merecidas vacacións!!