16 mar 2020


COLEXIO RURAL AGRUPADO “ A LAGOA”
             Rúa Rosalía de Castro, nº 108
           36.450 -  Salvaterra de Miño
           Tlf: 986 659 363 - 666076477
               cra.alagoa@edu.xunta.es




Informamos de que, unha vez decretado o estado de alarma para todo o estado por mor da pandemia COVID-19, o noso centro permanecerá pechado 14 días naturais a partir de hoxe, co que, salvo novas instruccións, as clases  comezarían o luns 30 de marzo.

Asímesmo, informamos de que por este motivo,suspéndense todos os prazos para a tramitación dos procesos das entidades públicas, polo que se paraliza o proceso de admisión  e amplíase 1 semana desde o comezo das clases, co que aínda haberá tempo para realizar o trámite.

Polo demais, estade atentos ó blog do cole, onde publicaremos actividades, tarefas  e recomendacións  para o noso alumnado.

Para calquera consulta non dubidedes en contactar con nós:
·        En horario de 10.00 a 13.00 nos teléfonos: 986659363 -  666076477 (a excepción do 19 e 20 de marzo por ser días non lectivos)
·        ou cando precisedes no correo do centro cra.alagoa@edu.xunta.es.



Moita paciencia e ánimo a todas/os vós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.