16 mar 2020


Queridas familias: 
Ante a suspensión da actividade lectiva derivada do estado de alarma decretado polo goberno, dende o CRA A Lagoa queremos facervos chegar unha serie de propostas e suxerencias para que tratedes de facer estes días en familia, na medidas das vosas posibilidades, e que de seguido vos facilitamos.
*Recordade o hábito de lavar as mans de xeito frecuente, moi importante na prevención da infección.
Tentade realizar algo de exercicio físico todos os días, aínda que sexa dentro da casa.
Damos por feito que teredes acceso a moitos outros recursos e actividades, tentade que sexan axeitados aos intereses e capacidades dos/as vosos/as fillos/as.
Esperamos que todo saia ben e pasedes uns días sen demasiadas complicacións. Tratade de manter a calma e facer caso das indicacións e medidas das autoridades competentes.

Vémonos pronto!

Saúdos do Equipo Docente do CRA A Lagoa-Salvaterra de Miño

SUXERENCIAS:

1. Tratar de seguir as rutinas diarias:que miren todos os días o día que é,respectar horarios de comida, de deitarse e erguerse, de xogar, de “traballo”, de televisión e dispositivos electrónicos …
2. Falade máis cos vosos fillos e fillas, escoitádeos/as máis, xogade todos xuntos/as, tratade de potenciar a súa autonomía, facede en definitiva máis cousas xuntos/as pero deixade tamén que se aburran de cando en vez.
3. Facede con eles/as todo iso que sempre decides que ides facer e que nunca podedes por falta de tempo.
4. Aproveitade para insistir nos hábitos saudables de alimentación (froitas, verduras, mastigar ben a comida…), de hixiene (que cepillen os dentes 2-3 veces ao día durante uns 2 minutos, que se bañen sós.

ACTIVIDADES:
-       Facer quebracabezas
-       Recortar
-       Debuxar
-       Ler e contar contos
-       Pintar
-       Facer manualidades con diversos materiais, con refugallo…
-       Picar
-       Facer experimentos
-       Colaborar nas tarefas da casa: ordenar, limpar o po, axudar a facer a comida ou postre, poñer e recoller a mesa, tender a roupa…
-       Facer sesión de cine en familia.
-       Escoitar cancións e contos ou ver debuxos en inglés (Bing, Peppa Pig, Monkey Mechanic, Bumble nums, etc.).
-       Facer una gymkana ou xogo de obstáculos con materiais da casa, xogos de puntería, xogar ao escondite, xogo das cadeiras musicais, o pano, disfraces, carreiras, bailes …
-       Elaborar actividades de investigación: mapa do tesouro, buscar información en internet sobre algo de interés para o neno/a…
-       Facer xogos coas letras: listas de cousas e memorizalas, facer rimas, xogo das palabras encadenadas, adiviñas,…
-       Facer xogos cos números: contar pinzas da roupa, alimentos (garabanzos, fabas, froitas…)…
-       Xogos de mesa: oca, parchís, bingo, conecta 4, tres en raia, …

ENLACES-WEBS:
1.    Recursos educativos de calidade: Educlan (3-5 anos)
2.    Portal educativo realizado por profesores/as sen ánimo de lucro: http://aulasgalegas.org/o-proxecto/
3.    Teatro para nenos/as online ou para descargar: Teatroteca.teatro.es
4.    Cancións, debuxos e recursos educativos en inglés: www.supersimpleonline.com
5.    La biblioteca de los peques: literatura infantil y juvenil
6.    Museos para visitar estando na casa: tour virtual e coleccións online:
Pinacoteca di Brera - Milano https://pinacotecabrera.org/
Galleria degli Uffizi - Firenze https://www.uffizi.it/mostre-virtuali
Museo Archeologico - Atene https://www.namuseum.gr/en/collections/
British Museum - Londra  https://www.britishmuseum.org/collection
Metropolitan Museum - New York https://artsandculture.google.com/explore
Hermitage - San Pietroburgo https://bit.ly/3cJHdnj
National Gallery of art - Washington https://www.nga.gov/index.html
7.    Papiroflexia:

8.    Recortables:
http://www.imagui.com/a/recortables-para-ninos-para-imprimir-cjeax8dkM
9.    Marcalibros:

10. Actividades con cartón e tapóns:

11. Cociña:
12. Conto: Rosa contra el virus
13. Manualidades:

APLICACIÓNS:
Introducir no buscador de PlayStore o nome da aplicación ou escribir no buscador de Google directamente o enlace. A maioría son Apps para descargar en dispositivos Android.

XOGOS ATENCIÓN-MEMORIA:


ENTRENA TU CEREBRO. JUEGOS DE MEMORIA


ENTRENA TU CEREBRO. JUEGOS DE ATENCIÓN

TANGRAM HD

MATRIX GAME 1 (SÓ APPLE)

EXPRESIÓN FACIAL-EMOCIÓNS:

APRENDE LAS EMOCIONES
RESPIRA, PIENSA, ACTÚA
COLECCIÓN EMOCIONES (SÓ APPLE)

LECTOESCRITURA:

LUDILETRAS EDUCACIÓN INFANTIL

LEER Y ESCRIBIR

APRENDER A LEER Y ESCRIBIR

ABC CALIGRAFÍA – PRÁCTICA DE ESCRITURA A MANO

APRENDA A ESCRIBIR CARTAS ABC

MONTESSORI PRESCHOOL

APRENDE A LEER

LEE Y APRENDE

LEO CON GRIN


CREAR HISTORIAS:

CASTLE BLOCKS

TOONTASTIC

CREAPPCUENTOS
REALIDADE AUMENTADA:

ORIENTACIÓN ESPACIAL:
LÓXICA-MATEMÁTICA:



MATH & LOGIC - BRAIN GAMES

EDUCATIONAL GAMES. MATH

MATH FOR KIDS: NUMBERS, COUNTING, MATH GAMES

FRUTERÍA SUDOKU DE LOLA PANDA (SÓ APPLE)

PREESCOLAR

APRENDER JUGANDO

El Rincón de Luca (ABN INFANTIL)

OUTROS:

ZEN STUDIO: dactilopintura

MY PRESCHOOL MONSTERS

EXPERIMENTOS SENCILLOS EN FAMILIA

CIENCIAS EN CASA: EXPERIMENTOS CASEROS




DE INTERESE PARA FAMILIAS: listado de iniciativas de Apps españolas que están ofrecendo gratis os seus contidos Premium para axudar a que os nenos e nenas sigan aprendendo dende a casa. Contidos de Infantil e Primaria:

SMILE AND LEARN: esta App para os máis pequenos da casa está ofrecendo acceso gratuíto durante un mes ao catálogo de xogos interactivos.  
ACADEMONS PRIMARIA:  a App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua Castelá, Inglés, Ciencias 
 http://bit.ly/Academons_Gratis

TA-TUM: de grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuíto ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura 
 http://bit.ly/Edelvives_Tatum

SMARTICK: esta App está ofrecendo acceso 15 días gratis para repasar as matemáticas. 
 http://bit.ly/Smartick_15

GENIALLY: plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por un tempo limitado as súas plantillas e recursos Premium gratis 
  http://bit.ly/Genially

 AMCO: acceso os xogos de Mates e Lingua da súa App Eduzland gratis por un tempo limitado  
CEREBRITI EDU: ofrece máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis ata final de curso 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.