18 nov 2023

Día das bibliotecas

Con motivo da celebración do día das bibliotecas (24 de outubro), a nosa mascota Lagoíño enviou a cada aula unha caixiña chea de libros e unha carta cunha noticia moi importante: unha proposta para todos os nenos e nenas do CRA para conmemorar este día.

Aproveitamos que polo magosto nos xuntamos todo o CRA para levar a cabo esta actividade, que consistiu en que cada neno/a colocou un fío de cor enredándoo cos outros, facendo ver como entre todos podemos crear algo moi grande. Simbolizando que estamos unidos grazas aos contos e ás bibliotecas, seguindo así o lema deste ano das bibliotecas escolares “Tecendo comunidades”.

Xa iniciamos tamén os préstamos das bibliotecas de aula. Este curso, como novidade, cada aula conta cun lector para que os propios nenos e nenas realicen de xeito autónomo os préstamos e devolucións dos libros.

A continuación deixámosvos unhas fotiños de todas estas actividades: 











1 comentario:

  1. Gracias por ser una voz respetada y confiable en el tema que abordaste en tu artículo.

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.